Traslado en autobús con todos os protocolos hixiene COVID-19 - Seguro - Paseo en Catamarán polas Ribeiras do Sil – Comida en A Cantina - Visita a adega con degustación de viños D.O Ribeira Sacra – Visita a Miradoiro.
Comida en Restaurante A Cantina de Sober : Dous pratos – Sobremesa – Bebida – Café
(Atención en horario comercial 10-14h)
Serás redirixido a unha pasarela de pago segura para garantir a operación. Destino Galicia non almacena ningún dato asociado á túa tarxeta.
Saída suxeita a un mínimo de 30 pasaxeiros
Consulta aquí as condicións de contratación e cancelación
Os nosos autobuses cumpren co protocolo COVID-19. Limpeza despois de cada viaxe con ozono e biocidas. Dotados de xel hidroalcohólico e máscaras para a viaxe.
FERROL - (P. bus frente Teatro Jofre) / 7:30
FENE - (Av Naturales P. bus Gadis) / 7:40
PONTEDEUME - (Hotel Eumesa) / 8:00
SADA - ( P. bus Concello) / 8:00
OLEIROS - (Diante Policía Local) / 8:10
CAMBRE - (Parada El Paraguas) / 8:20
A CORUÑA - (El Remanso - Catro Camiños) / 8:30
BETANZOS - (Palco de la Música) / 9:00
LUGO - (Hotel Torre de Núñez) / 10:00
A Ribeira Sacra é unha terra marcada polos ríos Miño e Sil que, ao seu paso entre as montañas, van moldeando a súa fermosa paisaxe. Todo isto, unido á fe e á espiritualidade que aínda envolve os numerosos conventos diseminados por estas terras, fai deste recuncho de Galicia unha aposta segura para os sentidos. Aquí atópase a maior concentración de construcións relixiosas de estilo románico en Europa.
Na Ribeira Sacra, a súa paisaxe, formado por bosque autóctono, é o lugar ideal para que os amantes da natureza poidan percorrer distintos roteiros. Contemplar a gran obra da natureza no canón do río Mao, cos seus impresionantes saltos. Parada de Sil, onde vos agardan os canóns máis agrestes e escarpados de toda a zona.
Falar da Ribeira Sacra tamén é falar de viño, algo que se aprecia nada máis poñer o pé nestas terras: a súa paisaxe está marcado polos coñecidos “ socalcos”, viñedos en bancales situados nas ladeiras das montañas.
A Ribeira Sacra ten un espírito de paz que debes percorrer nos seus montes máxicos, onde a natureza salvaxe e a fe conviven en perfecta harmonía. Guiados polas beiras do Miño, ou ben navegando polos canóns do Sil, existen recunchos inaccesibles por terra onde se esconden auténticas xoias medievais que debes descubrir.
ORGANIZACIÓN TÉCNICA
DESTINO GALICIA - AXENCIA DE VIAXES EN LIÑA XG-770